viernes, 24 de septiembre de 2010

Actividades semana do 27/09/10 ao 03/10/10

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)

Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"

Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 1 [PDF].

"Unha axencia de tradución recibe unha encomenda de tradución do Museo Guggenheim de Bilbao. O museo está a preparar unha exposición sobre “O Imperio Azteca” para o año 2011 e queren que, a partir do texto orixinal en inglés respectivamente en francés), fotografías e información dos servizos do museo (fornecido polo museo); a axencia tradúzao ao español (respectivamente ao galego) e maquete o texto final. O resultado final ha de ser un texto bilingüe inglés (respectivamente francés) – español (respectivamente galego); e, conter todas as fotografías e información fornecidas. A axencia de tradución empeza coa encomenda, pero, por falta de tempo, contacta convosco (tradutores freelance) para que acabedes a tradución e maquetéis o texto final. Obviamente, debedes cumprir cunhas pautas de traballo e uns prazos de entrega, que se vos facilitan. Ademais, deberedes achegar ao texto traducido e maquetado a oportuna factura de cargo."

Esta encomenda debe realizarse de xeito individual e supón un máximo de 1,0 punto na “avaliación continua”. Como software específico para a súa realización usaremos o procesador de texto Word 2003 e a folla de cálculo Excel 2003 do paquete ofimático Ms-Office 2003.
...
MATERIAL DE CONSULTA
AVISOS

1) El próximo miércoles día 29/09/10 no habrá clases de ningún grupo de la materia debido a la Huelga General.

2) Todo el alumnado de la materia está invitado a la conferencia inaugural del Master en Traducción Multimedia que va a celebrarse el próximo viernes día 1 de octubre a las 13.00 horas en el aula B3 (Salón de Grados) de la Facultade de Filoloxía y Traducción de la Universidade de Vigo [+info].

viernes, 17 de septiembre de 2010

Actividades semana do 20/09/10 ao 26/09/10

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)

Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"


Repaso nº 3 [PDF].

"La Informática Básica (o de usuario): el Software;
Sistemas Operativos (SO) y Utilidades; la Telemática; la Ofimática"

Práctica nº 1(1) [PDF].

"Un/unha tradutor/a profesional recibe unha triple
encomenda de tradución."

Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 1 [PDF].

"Unha axencia de tradución recibe unha encomenda de tradución do Museo Guggenheim de Bilbao. O museo está a preparar unha exposición sobre “O Imperio Azteca” para o año 2011 e queren que, a partir do texto orixinal en inglés respectivamente en francés), fotografías e información dos servizos do museo (fornecido polo museo); a axencia tradúzao ao español (respectivamente ao galego) e maquete o texto final. O resultado final ha de ser un texto bilingüe inglés (respectivamente francés) – español (respectivamente galego); e, conter todas as fotografías e información fornecidas. A axencia de tradución empeza coa encomenda, pero, por falta de tempo, contacta convosco (tradutores freelance) para que acabedes a tradución e maquetéis o texto final. Obviamente, debedes cumprir cunhas pautas de traballo e uns prazos de entrega, que se vos facilitan. Ademais, deberedes achegar ao texto traducido e maquetado a oportuna factura de cargo."
Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 2 [PDF].
"Un/unha tradutor/a profesional quere promocionar a súa empresa de tradución e, para iso, decide crear un sitio web “estándar”, ao cal póidase acceder a través dun ordenador persoal. Aproveitando os seus coñecementos das linguas A (materna) e B de traballo decide facela bilingüe. O sitio web “estándar” estará formado por dúas páxinas web: unha páxina principal e outra secundaria, idénticas en canto a contido, pero nas linguas A e B de traballo (respectivamente). Cada unha das páxinas web deberá incluír, obligatoriamente, entre outros elementos, un apartado de hiperligazóns a diversas ferramentas informáticas que use no seu labor profesional, cun breve comentario para cada unha delas. E, finalmente, unha ligazón a unha conta de correo electrónico para que os clientes poidan contactar con el/ela."
Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 3 [PDF].
"Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado. No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas tradutolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión. Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión. No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas tradutolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos térmos que nel aparecen."

****************************


Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 1 [PDF].

"Unha axencia de tradución recibe unha encomenda de tradución do Museo Guggenheim de Bilbao. O museo está a preparar unha exposición sobre “O Imperio Azteca” para o año 2011 e queren que, a partir do texto orixinal en inglés respectivamente en francés), fotografías e información dos servizos do museo (fornecido polo museo); a axencia tradúzao ao español (respectivamente ao galego) e maquete o texto final. O resultado final ha de ser un texto bilingüe inglés (respectivamente francés) – español (respectivamente galego); e, conter todas as fotografías e información fornecidas. A axencia de tradución empeza coa encomenda, pero, por falta de tempo, contacta convosco (tradutores freelance) para que acabedes a tradución e maquetéis o texto final. Obviamente, debedes cumprir cunhas pautas de traballo e uns prazos de entrega, que se vos facilitan. Ademais, deberedes achegar ao texto traducido e maquetado a oportuna factura de cargo."
Esta encomenda debe realizarse de xeito individual e supón un máximo de 1,0 punto na “avaliación continua”. Como software específico para a súa realización usaremos o procesador de texto Word 2003 e a folla de cálculo Excel 2003 do paquete ofimático Ms-Office 2003.


ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

  • Repasa os teus coñecementos de "Informática básica (ou de usuario)" ao respecto do "Sistema Operativo Ms-Windows XP" e da "Telemática (Internet)" nos 'Cursos en liña da AulaClic':

Curso de Ms-Windows XP: http://www.aulaclic.es/winxp

Curso de Internet: http://www.aulaclic.es/internet

  • Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Ofimática básica (ou de usuario) do paquete ofimático Ms-Office 2003" nos 'Cursos en liña da AulaClic'. Isto é: .
Curso de Word 2003: http://www.aulaclic.es/word2003
Curso de FrontPage 2003: http://www.aulaclic.es/frontpage2003
Curso de Access2003: http://www.aulaclic.es/access2003
Curso de Excel2003: http://www.aulaclic.es/excel2003

sábado, 11 de septiembre de 2010

Actividades semana do 13/09/10 ao 19/09/10

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)

Presentación da materia:
  1. Reflexiona, coa axuda do teu profesor, sobre que é a Informática, a Informática básica ou de usuario, e a Informática aplicada á Tradución. Pensa tamén nas semellanzas e diferenzas entre un ser humano (tradutor) e un ordenador (tradutor).
  2. Abre o teu PC e entra en Windows XP.
  3. Comproba, coa axuda do profesor, que os programas "UltraVNC Server", "Adobe Acrobat Reader", "7-zip", "Ms-Office 2003 (Word, Access, Excel, PowerPoint)" e "Ms-FrontPage XP" están instados no teu computador. No suposto caso que algún deles non estea instalado, instálao a partir da páxina web 'material' e coa axuda do teu profesor. Lebra que na páxina web 'material', algúns deles teñen o seu acceso restrinxido e precisarás dun nome de usuario/a e contrasinal e vos facilitará o profesor da materia.
  4. Configura o programa de acceso remoto "UltraVNC Server" e conecta co computador do profesor.
  5. Abre o teu procurador (navegador) e entra na páxina web da materia: http://webs.uvigo.es/tradumatica
  6. Entra no emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
  7. Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web. Lebra que na páxina web 'material', algúns deles teñen o seu acceso restrinxido e precisarás dun nome de usuario/a e contrasinal e vos facilitará o profesor da materia.
  8. Examina na web "material", no apartado "Documentación Principal" (non restrinxido), a "Guía docente da materia".
  9. Examina na web "material", no apartado "Documentación Principal" (non restrinxido), a "Presentación PowerPoint da materia".
  10. Examina na web "material", no apartado "Documentación Principal" (non restrinxido), a "Presentación PDF da materia".

As TIC e o traballo colaborativo:

  1. Comproba si estás dado/a de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo Faitic, na materia 'Ferramentas para a T&I (I): Informática'.
  2. Crea unha conta de correo en GMail. O formato ten que ser, obrigatoriamente, 2010.primeiro_apelido.segundo_apelido.nome@gmail.com. Ten en conta que tódolos símbolos (letras) presentes no teu correo electrónico teñen que estar en 'minúsculas' e 'formar parte do alfabeto da língua inglesa'. Por exemplo, si o teu nomme completo é 'Peña Compás, Luís', as letras destacadas non poden formar parte do correo. Neste caso, por exemplo, poderías optar polo correo '2010.penha.compas.luis'.
  3. Úneche como seguidor/a do Blog jmiquel2010 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear.
  4. Úneche como seguidor/a do Twitter jmiquel2010 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear.
  5. Úneche ao grupo de Google jmiquel-2010 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear.

ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

  1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).
  2. Consulta os documentos "Repaso-1" e "Repaso-2" relacionados co 'Hardware"; e o documento "Repaso-3" relacionado co 'Software'.

LEMBRANZAS

  1. Lembra que tes que entregar (soamente ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía. Se non entregas a ficha coa fotografía, as túas prácticas non van ser avaliadas.
  2. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, tal vez sería conveniente para ti imprimir algún dos documentos en formato papel.