Os Servizos Informáticos da Universidades de Vigo "abriron" de maneira temporal o acceso a Second Life para que poidamos acceder a este mundo 3D dende a Aula Informática Newton-17.
Se queredes "practicar" para a orla virtual poderes pasar pola devandita aula en horas de clase e/ou de atendimento-práctico (medias horas polas tardes).
Por último, lembrade que o mércores a partir das 12.00 hai unha Xunta de Facultade e suspéndense as clases ata as 14.00 horas.
Tema 4: "Xestión de proxectos, ferramientas telemáticas e traballo colaborativo" (Prácticas a través de TIC)
.
As actividades marcadas cun asterisco (*) van tratarse só dende un punto de vista teórico por falta de tempo; mais o alumnado pode practicar pola súa conta.
.
Enunciado de la Práctica nº 2(II): encargo-4 [PDF]
.
Primeira Sesión:
- Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en Google Docs.
- Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en G.ho.st..
- Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en ThinKFree.
- Instala o complemento (plug-in) OffiSync que permite unificar o paquete ofimático Microsoft Office con Google Docs. O complemento ofrece soporte para Word, Excel e PowerPoint (para as versións de Office 2003 e Office 2007).
- Instala o complemento (plug-in) Zoho Office Plugin que permite unificar o paquete ofimático Microsoft Office con Zoho (o paquete ofimático que se inclúe co escritorio virtual G.ho.st) e viceversa. O complemento ofrece soporte para Word e Excel (pero non para PowerPoint) para as versións de Office 2003 e Office 2007.
- Instala a extensión (extension) OpenOffice.org2GoogleDocs que permite importar e exportar documentos de texto, follas de cálculo e presentacións de Google Docs a OpenOffice.org e viceversa. Permite acceder tanto fora de liña como en liña aos nosos documentos en calquera momento, sen ter as limitacións de traballar cun ou outro software ofimático. A extensión OpenOffice.org2GoogleDocs permite, ademais importar e exportar documentos de texto, follas de cálculo e presentacións dende OpenOffice.org a Zoho (o paquete ofimático que se inclúe co escritorio virtual G.ho.st) e viceversa.
- Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en Second Life, na versión en español (o nome do teu avatar ten que ser o nome da túa conta de correo de G-mail anterior á @; e o apelido non o podes elixir ti). Para capturar pantallas en Second Life pódese empregar directamente a opción “foto (snapshot, en inglés) > guardarla en su disco duro” do menú de Second Life, pero nese caso non aparece a identificación do avatar; por illo é mellor empregar un programa capturador de pantallas específico que sí captura a identificación do avatar como é o programa gratuito MWSnap. Para capturar toda a pantalla hai que pulsar [Ctrl+Mayús+W] ou ben redifinir a combinación de teclas por defecto.
Segunda Sesión:
Realiza as seguintes Actividades coa axuda do teu profesor
4.1. - Guía Xeral
- J. Miquel-Vergés (2010) Programa-Guía: Tema 4
- Agencia Española de Protección de Datos (AGPD.) Recomendaciones a usuarios de Internet.*
4.2. - Xestión de Proxectos de Tradución*
- A. Oliver & UOC (08/07/2009). Gestión de proyectos de traducción; curso en liña, licenza Creative Commons.
- Project-Translation. É o programa de exemplo do curso da UOC. Ver a páxina de inicio e páxina da demo.
4.3. - Ferramentas telemáticas e traballo colaborativo
.
4.3.1. - A Web 2.0*
.
Algunhas ligazóns procedentes dos materiais do curso Aplicacións Educativas da Web 2.0 de Formación do Profesorado impartido polo profesor Pedro Cuesta Morales na Universidade de Vigo (licenzas Creative Commons)
Algunhas ligazóns procedentes dos materiais do curso Aplicacións Educativas da Web 2.0 de Formación do Profesorado impartido polo profesor Pedro Cuesta Morales na Universidade de Vigo (licenzas Creative Commons)
- Cuenta de Pedro Cuesta Morales en twitter: @pcuestam
4.3.2. - A computación na nube (cloud computing)
4.3.3. - A realidade virtual e os mundos virtuais (Second Life)
- UAM-Manuales (2009) Guía para iniciarse en Second Life.
- Linden Lab (2007) Second Life: The Oficial Guide.
AVISOS
- Xa están dispoñibles no apartado "Material" ou "Evaluación" do meu emprazamento web as cualificacións e correccións "provisionais" da Práctica 2(I) da avaliación continua da materia.
- Poñgo no voso coñecemento que na próxima semana pasarán a realizar as enquisas de avaliación docente a todos os grupos da materia: GRUPO C1: Luns 13 ás 16hs; GRUPO C2: Luns 13 ás 18hs; GRUPO C3: Martes 14 ás 16hs; GRUPO C4: Martes 14 ás 18hs; e GRUPO C5: Mércoles 15 ás 16hs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario