(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"
Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 2 [PDF].
"Un/unha tradutor/a profesional quere promocionar a súa empresa de tradución e, para iso, decide crear un sitio web “estándar”, ao cal póidase acceder a través dun ordenador persoal. Aproveitando os seus coñecementos das linguas A (materna) e B de traballo decide facela bilingüe. O sitio web “estándar” estará formado por dúas páxinas web: unha páxina principal e outra secundaria, idénticas en canto a contido, pero nas linguas A e B de traballo (respectivamente). Cada unha das páxinas web deberá incluír, obligatoriamente, entre outros elementos, un apartado de hiperligazóns a diversas ferramentas informáticas que use no seu labor profesional, cun breve comentario para cada unha delas. E, finalmente, unha ligazón a unha conta de correo electrónico para que os clientes poidan contactar con el/ela."
Esta encomenda debe realizarse de xeito individual e supón un máximo de 1,0 punto na “avaliación continua”. Como software específico para a súa realización usaremos o programa de creación de páxinas web FrontPage 2002 do paquete ofimático Ms-Office XP.
MATERIAL DE CONSULTA
- Exemplo de Sitio Web
- Nvu - Editor de páginas web (equivalente a Ms-FrontPage, pero gratuito)
AVISOS
- El luns 11/10/10, de acordo co expresado unanimemente polo alumnado dos grupos C1 e C2, haberá "ponte extra-oficial". Como eu estou obrigado a acudir ás clases, ese día non haberá clase práctica dos devanditos grupos, pero o alumnado dos grupos C1 e C2 que o desexen terán dispoñible a aula para poder realizar as súas prácticas.
- Como a semana do 25 ao 31 de outubro a docencia da materia será impartida polo profesor Oscar Diaz Fouces, as miñas titorías para a devandita semanana serán o xoves 28/10/10 de 16-19h. e o venres 29/10/10 de 11-13h.
- Podes consultar [aquí] o listado do alumnado que entregou a ficha persoal, que está admitido no 'Google Grupos' e que entregou algunha das encomendas da Práctica nº1.
No hay comentarios:
Publicar un comentario