domingo, 9 de enero de 2011

Actividade semanas do 10/01/11 ao 16/01/11

Programación final do Curso Académico 2010-2011

Clases durante a semana do 10-16/01/11: dado que solo son lectivos os días 10-11/01/11, extra-oficialmente non haberá ningunha clase nin o luns 10/01/11 nin o martes 11/01/11. Con todo, eu vou estar na Aula Newton 17, durante o horario escolar e de titorías se queredes atoparme, se queredes traballar co ordenador ou usar as conexións de Internet.

Titorías durante a semana do 10-16/01/11: dado que solo son lectivos os días 10-11/01/11 vanse manter as titorías xa previstas para os días luns/martes 10-11/01/11 (na Aula Newton 17), e haberá tamén titorías o mércores 12/01/11, de 10.00-13.00 (no despacho 45C) por si tendes algún comentario ou reclamación a facer sobre calquera das encomendas e/ou prácticas do curso ou sobre calquera das cualificacións.

Cualificacións da avaliación continua: As cualificacións provisionais das encomendas pendentes e as cualificacións finais provisionais da Avaliación Continua do Curso Académico 2010-2011 estarán dispoñibles o martes 11/01/11 na miña web. Dado que solo son lectivos os días 10-11/01/11 e que o prazo para entrega da Práctica 2 (II) é o 10/01/10 ás 16.00 horas, se tendes algún comentario e/ou reclamación que facer sobre calquera das encomendas e/ou prácticas do curso ou das cualificacións, pódesma atopar o luns/martes 10-11/01/01 durante as horas de clase ou de titoría na Aula Newton 17 e o mércores 12/01/11 de 10,00-13,00 no despacho 45C.

Saúdos,

Joan Miquel Vergés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario