ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
Presentación da materia:
- Reflexiona, coa axuda do teu profesor, sobre que é a Informática, a Informática básica ou de usuario, e a Informática aplicada á Tradución. Pensa tamén nas semellanzas e diferenzas entre un ser humano (tradutor) e un ordenador (tradutor).
- Abre o teu PC e entra en Windows XP.
- Comproba, coa axuda do profesor, que os programas "UltraVNC Server", "Adobe Acrobat Reader", "7-zip", "Ms-Office 2003 (Word, Access, Excel, PowerPoint)" e "Ms-FrontPage XP" están instados no teu computador. No suposto caso que algún deles non estea instalado, instálao a partir da páxina web 'material' e coa axuda do teu profesor. Lebra que na páxina web 'material', algúns deles teñen o seu acceso restrinxido e precisarás dun nome de usuario/a e contrasinal e vos facilitará o profesor da materia.
- Configura o programa de acceso remoto "UltraVNC Server" e conecta co computador do profesor.
- Abre o teu procurador (navegador) e entra na páxina web da materia: http://webs.uvigo.es/tradumatica
- Entra no emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
- Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web. Lebra que na páxina web 'material', algúns deles teñen o seu acceso restrinxido e precisarás dun nome de usuario/a e contrasinal e vos facilitará o profesor da materia.
- Examina na web "material", no apartado "Documentación Principal" (non restrinxido), a "Guía docente da materia".
- Examina na web "material", no apartado "Documentación Principal" (non restrinxido), a "Presentación PowerPoint da materia".
- Examina na web "material", no apartado "Documentación Principal" (non restrinxido), a "Presentación PDF da materia".
As TIC e o traballo colaborativo:
- Comproba si estás dado/a de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo Faitic, na materia 'Ferramentas para a T&I (I): Informática'.
- Crea unha conta de correo en GMail. O formato ten que ser, obrigatoriamente, 2010.primeiro_apelido.segundo_apelido.nome@gmail.com. Ten en conta que tódolos símbolos (letras) presentes no teu correo electrónico teñen que estar en 'minúsculas' e 'formar parte do alfabeto da língua inglesa'. Por exemplo, si o teu nomme completo é 'Peña Compás, Luís', as letras destacadas non poden formar parte do correo. Neste caso, por exemplo, poderías optar polo correo '2010.penha.compas.luis'.
- Úneche como seguidor/a do Blog jmiquel2010 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear.
- Úneche como seguidor/a do Twitter jmiquel2010 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear.
- Úneche ao grupo de Google jmiquel-2010 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).
LEMBRANZAS
- Lembra que tes que entregar (soamente ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía. Se non entregas a ficha coa fotografía, as túas prácticas non van ser avaliadas.
- Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, tal vez sería conveniente para ti imprimir algún dos documentos en formato papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario