viernes, 1 de octubre de 2010

Actividades semana do 04/10/10 ao 10/10/10

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)

Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"


Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 1 [PDF].

"Unha axencia de tradución recibe unha encomenda de tradución do Museo Guggenheim de Bilbao. O museo está a preparar unha exposición sobre “O Imperio Azteca” para o año 2011 e queren que, a partir do texto orixinal en inglés respectivamente en francés), fotografías e información dos servizos do museo (fornecido polo museo); a axencia tradúzao ao español (respectivamente ao galego) e maquete o texto final. O resultado final ha de ser un texto bilingüe inglés (respectivamente francés) – español (respectivamente galego); e, conter todas as fotografías e información fornecidas. A axencia de tradución empeza coa encomenda, pero, por falta de tempo, contacta convosco (tradutores freelance) para que acabedes a tradución e maquetéis o texto final. Obviamente, debedes cumprir cunhas pautas de traballo e uns prazos de entrega, que se vos facilitan. Ademais, deberedes achegar ao texto traducido e maquetado a oportuna factura de cargo."

Esta encomenda debe realizarse de xeito individual e supón un máximo de 1,0 punto na “avaliación continua”. Como software específico para a súa realización usaremos o procesador de texto Word 2003 e a folla de cálculo Excel 2003 do paquete ofimático Ms-Office 2003.


Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 2 [PDF].

"Un/unha tradutor/a profesional quere promocionar a súa empresa de tradución e, para iso, decide crear un sitio web “estándar”, ao cal póidase acceder a través dun ordenador persoal. Aproveitando os seus coñecementos das linguas A (materna) e B de traballo decide facela bilingüe. O sitio web “estándar” estará formado por dúas páxinas web: unha páxina principal e outra secundaria, idénticas en canto a contido, pero nas linguas A e B de traballo (respectivamente). Cada unha das páxinas web deberá incluír, obligatoriamente, entre outros elementos, un apartado de hiperligazóns a diversas ferramentas informáticas que use no seu labor profesional, cun breve comentario para cada unha delas. E, finalmente, unha ligazón a unha conta de correo electrónico para que os clientes poidan contactar con el/ela."

Esta encomenda debe realizarse de xeito individual e supón un máximo de 1,0 punto na “avaliación continua”. Como software específico para a súa realización usaremos o programa de creación de páxinas web FrontPage 2002 do paquete ofimático Ms-Office XP.

MATERIAL DE CONSULTA

  1. Nvu - Editor de páginas web (equivalente a Ms-FrontPage, pero gratuito)

AVISOS

  1. O luns 11/10/10, de acordo co expresado unanimemente polo alumnado dos grupos C1 e C2, haberá "ponte extra-oficial". Como eu estou obrigado a acudir ás clases, ese día non haberá clase práctica dos devanditos grupos, pero o alumnado dos grupos C1 e C2 que o desexen terán dispoñible a aula para poder realizar as súas prácticas.
  2. Como a semana do 25 ao 31 de outubro a docencia da materia será impartida polo profesor Oscar Diaz Fouces, as miñas titorías para a devandita semanana serán o xoves 28/10/10 de 16-19h. e o venres 29/10/10 de 11-13h.
  3. Podes consultar [aquí] o listado do alumnado que entregou a ficha persoal, que está admitido no 'Google Grupos' e que entregou algunha das encomendas da Práctica nº1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario