jueves, 14 de octubre de 2010

Actividades semana do 18/10/10 ao 24/10/10

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)


¡¡¡ Moi importante !!!

Como sexa que o alumnado non trae nas clases prácticas impresos os enunciados das diferentes encomendas, o cal sería sumamente interesante para poder realizar dun xeito plenamente satisfactoria as prácticas; o vindeiro luns 18/10/10, pola tarde, deixarei (de xeito extraordinario) os enunciados das prácticas1 e 2 impresos, en soporte papel, no Servizo de Fotocopias do Pabillón Central (por si alguén quere obter algún exemplar para poder seguir mellor as prácticas).

É decisión do alumnado imprimir os devanditos enunciados de xeito gratuito pola súa conta ou ben adquirir as devanditas fotocopias (previo pago). Pero, en calquera caso, cando se realicen as prácticas asumirase que o alumnado vai seguindo as pautas de realización explicitadas nos devanditos enunciados.


Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"

Práctica nº 1(1) - Encomenda nº 3 [PDF].

"Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado. No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas tradutolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión. Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión. No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas tradutolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos térmos que nel aparecen."
Esta encomenda debe realizarse de maneira individual e supón un máximo de 1,0 punto na “avaliación continua”. Está
dividido en 2 apartados. Debéis gardar as tabelas, consultas e informes dos apartados primeiro e segundo nun único
ficheiro de Access chamado “encargo3.mdb”. Como software específico para a realización desta práctica usaremos o
programa lexicográfico TextSTAT 2.6 e o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.

MATERIAL DE CONSULTA

Texto literario

  1. Project Gutenberg
  2. Analise con TextStat e Importación de Excel a Acces (páx. 9 e seguintes)
  3. Descargar e instalar TextStat
  4. Manual de TextStat (en inglés)
Texto especializado
  1. Mini glosario gastronómico en 6 idiomas de Doest Ediciones: Traducciones gastronómicas para restaurantes y hoteles
  2. Wikipedia
  3. Google imágenes
  4. Modelos de fichas terminolóxicas e glosario

AVISOS

  1. A semana do 25 ao 31 de outubro a docencia da materia será impartida polo profesor Oscar Diaz Fouces; polo tanto, non será posible impartir as 'titorías prácticas' das 'meias horas'. As miñas titorías para a devandita semanana serán o xoves 28/10/10 de 16-19h. e o venres 29/10/10 de 11-13h. .
  2. Podes consultar [aquí] o listado do alumnado que entregou a ficha persoal, que está admitido no 'Google Grupos' e que entregou algunha das encomendas da Práctica nº1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario